(Galego) Aprendendo dos tropezos do camiño.

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

Aprendendo dos tropezos do camiño.

 


Canta ilusión puxemos ó comenzo da nosa andaina! Aínda que o inicio foi un pouco tardío, pronto xurdiron ideas para o noso proxecto de Patrimonio europeo en colaboración con eTwinning. Decidimos apostar por un tema do que en Nós estamos orgullosos: os lavadoiros coas súas múltiples funcións e relevancia na vida dos nosos Concellos, co seu aspecto social e o seu marcado carácter feminino…Encantounos e aló fumos na procura de compañeiras e compañeiros para comenzar a poñer no mapa estas xoias que esmorecen en moitos rincóns das nosas xeografías.
Comenzamos a formación Patrimonio cultural europeo en colaboración a través do programa eTwinning. Plan Proxecta en rede que algún de nós complementabamos coa formación Coñecendo eTwinning- Internacionalización incardinada no PFPP do Centro.

Xa metidos en eTwinning postulámonos para atopar compañeiros e compañeiras de camino. Non tivemos sorte ó principio, moitos contactos xa estaban a traballar en proxectos moi amplos e este se lles antoxaba moi completo para non ter comenzado en setembro/outubro e así nolo fixeron saber. Non perdimos a esperanza, reduxemos os contidos e as nósas ambicións e voltamos chamar ás portas eTwinning. Pouca sorte houbo. Lanzamos o proxecto Save the Lavadoiros-Lavadouros-Lavaderos-Lavoirs! na plataforma e, tras unha segunda reducción, chegou o tercer intento. Por fin, a finais de Febreiro atopamos compañeiros/as de camiño. Pola nosa banda xa estaban abertos os espazos en rede, os libros dixitais e iniciadas as pescudas polo Concello, tamén creamos nesas datos o Twinspace e aeguimos traballando nas aulas, planificando os futuros pasos… Pero foi un espellismo. A nosa experiencia acompañadas/os rematou alí. A nosa parella non voltou respostar. Nós seguimos cara adiante e certificamos as nosas formacións, participanos no evento de difusión creado polas embaixadoras da embaixada eTwinning Galicia e seguimos sen perder a esperanza ata que… o prazo rematou.

Evento de Difusión

Por respecto ó noso proxecto non queremo deixalo a medias, queremos darlle a oportunidade de brillar como merece. Sen dúbida o ano que ven tentarémolo de novo. En Setembro voltaremos petar nas portas para por en valor esa herdanza tan de Nós, mais tan de todas e todos.