Unha primavera chea de traballo
O proxecto de traballo que estamos levando dende o IES Miraflores acelerouse notablemente nos meses de abril e maio, que viñeron cheos de actividades, obradoiros e tarefas.
Todo o alumnado de 3º da ESO visitamos o Museo de Belas Artes de A Coruña o día 26 de abril. A nosa visita encheu as salas da pinacoteca nas que pudimos visualizar in situ as obras que analizáramos previamente no aula. Moitos de nós sorprendímonos do fermosas que eran, preferindo claramente a percepción da obra real á reproducción.
Ao mesmo tempo que uns facíamos a visita guiada polo equipo do museo, outros percorríamos en pequenos grupos libremente as salas, deseñando unha xincana para os nosos compañeiros e compañeiras de 1º da Eso.
Pola súa banda, o alumnado da materia de Expresión Artística de 4º da ESO, recibimos a visita de Ángeles Díaz de Funicular. Con ela, aprendimos nun obradoiro específico o que era un fanzine e comezamos a realizar noso propio a partir da colección do Museo que estudíaramos previamente.
En vindeiras sesións continuamos con este traballo no aula.
Finalmente, comezamos a expoñer o noso traballo nun dos paneis da entrada do IES como mostra de todo o que levamos feito.



