As cousas do Camiño van amodiño, e nós bailamos ao seu ritmo!! E aínda que xa fai algún tempo que comezamos (a árbore de Nadal da foto delátanos) entre ir aquí, acolá e más alá non temos tempo de compartirlo con vós. A primeira actividade que fixemos foi de auténtico adestramento. As frechas amarelas axudáronnos ...
Está aberta a inscripción nas “II Xornadas de Educación e Patrimonio. Experiencias e prácticas de educación patrimonial en Galicia”, que se celebrarán no Museo das Peregrinacións e de Santiago os días 19, 20 e 21 de abril. Na seguinte ligazón podedes ver o programa e os datos de contacto para facer a inscripción. http://www.edu.xunta.gal/eduga/axenda/2018/ii-xornadas-educacion-patrimonio O ...
O 6 de marzo celebrouse na Sala de Xuntas da Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación Cultural da Secretaría Xeral de Cultura un sorteo para elexir á alumna que representará á Comunidade Autónoma de Galicia no X Foro Xuvenil de Patrimonio Mundial que este ano terá lugar en Madrid e Córdoba entre o 6 e ...
“Había unha vez un cole no que tanto profes coma alumnos chegaban cada mañá coa ilusión de aprender novas cousas…..” Así podería comezar o nos conto. As ganas de comezar novos proxectos foi o que nos impulsou a un grupo de profes a participar no Plan Proxecta “Mirando polo Camiño”. O equipo está formado por ...
O Camiño de Inverno é unha ruta de peregrinación a Santiago elixida no medievo por moitos peregrinos para entrar en Galicia, sobre todo na época invernal, evitando así os cumios nevados do Cebreiro e as conseguintes dificultades que a neve e a friaxe conlevan, amais da dificultade orográfica. O Camiño de Inverno, que ...
Para ver as distintas actuacións deste proxecto que se desenvolve no C.P.I. Plurilingüe de Vedra recomendamos visitar os seguintes enlaces: http://www.edu.xunta.gal/centros/cpidevedra/taxonomy/term/124 https://www.facebook.com/vedramedra/?fref=ts
Aproveitando a futura declaración da Ribeira Sacra como Ben de Interese Cultural e o impulso da candidatura para a declaración de Patrimonio da Humanidade, preténdese promover entre a comunidade educativa o traballo co patrimonio etnolóxico da comarca dun xeito antropolóxico, identificando aqueles elementos, tanto da arquitectura tradicional (vivendas, construcións para o traballo, etc) como ferramentas ...
Preténdese traballar co alumnado de xeito contextualizado sobre o patrimonio cultural, literario e lingüístico vinculado ao tramo do Camiño de Santiago no que o centro educativo está emprazado. Este programa está destinado a centros que se encontren en concellos polos que pase algún dos tramos dos Camiños de Santiago oficialmente recoñecidos (Camiño Francés, Camiño Primitivo, ...
Esta modalidade de participación no programa de Educación Patrimonial está promovida e coordinada pola Fundación Clúster de Conservación de Produtos do Mar-Museo ANFACO. A finalidade é dar a coñecer e poñer en valor o patrimonio industrial dentro do ámbito dos traballos marítimo-pesqueiros, isto é, o patrimonio industrial vinculado á transformación dos produtos do mar. Trátase ...