Na actividade “My city” estamos coñecendo moitas cousas interesantes sobre A Coruña e Coimbra, sobre todo o seu patrimonio inmaterial (costumes, curiosidades, tradicións…). A participación dos alumnos é moi alta e hai moita interacción neste Padlet. ENLACE
Para coñecer os centros, organizamos un reto: hai que subir fotos a un taboleiro en Twinspace e hai que contar algo sobre esa imaxe un debate que temos abaixo. A mellor foto leva un premio!!
Pese as dificultades para arrincar o proxecto, os alumnos e profesores participantes fóronse presentando nos foros. As linguas utilizadas son os inglés e o castelán, que é a lingua que están aprendendo os nosos socios portugueses.
Desde decembro estamos desenrolando este proxecto “Nowhere feels like home” en colaboración con Portugal. Aquí podedes ver a descripción e organización en páxinas.