Na procura dun título para o noso proxecto

17. Maio 2024
O alumnado fai propostas para o titulo do proxecto que tratará sobre os xogos tradicionais. Italia e España son os paises participantes. http://https://view.genially.com/6647765556070c0014970de6/mobile-cool-math-quiz-mobile O titulo gañador por unha porcentaxe do 21.5% e con 52 votos emitidos foi: Traditional Games. Going Back to the Roots

ONDAS DENDE O ATLÁNTICO

Dende a costa que vemos todos os días, o oceáno Atlántico, queremos amosar este fermoso patrimonio natural que compartimos con 2 socios europeos, e todo o que o queira ver. Así que compartímolo directamente cun centro de Figueira Da Foz de Portugal, e outro de Vilna, Lituania. Somos un centro da cidade da Coruña, CEIP ...

ESTADO DO PATRIMONIO NATURAL NA NOSA CONTORNA

29. Febreiro 2024
O noso colexio atópase nun entorno rural, o dun concello con pequenas localidades e rodeado de monte. Nos bosques de Padrenda alternan as plantacións de piñeiro coas carballeiras, aínda que as árbores cadufolias teñen máis presenza na media encosta, a partir dos 200 metros de altitude, mentres que nas zonas máis baixas, ás beiras do ...

O ENTROIDO NA ESCOLA

26. Febreiro 2024
Como é ben coñecido, o entroido galego ten as súas propias tradicións e disfraces, que enraízan profundamente na nosa cultura popular. Ar redor da nosa localidade son moitos os lugares nos que o entroido se celebra a través de personaxes e celebracións propias. Un carnaval tradicional que se representa desde tempo inmemoriais e que convive ...

A escola no tempo dos avós

10. Febreiro 2024
Este Nadal aproveitamos para achegarnos ao noso patrimonio inmaterial e conversarmos con nosos avós e avoas ao redor da escola e o ensino, para recoller a memoria colectiva sobre o mesmo e tamén establecer comparanzas entre aqueles tempos e o noso presente. As conversas permitíronnos viaxar no tempo e imaxinar a infancia dos nosos maiores, ...

AS CELEBRACIÓNS DO NADAL EN PADRENDA: o Grupo “XERMOLARA”

23. Xaneiro 2024
Nos festexos do Nadal en Padrenda nunca falta o grupo XERMOLARA, composto por alumnado do CPI Padrenda-Crespos e que ano tras ano interpreta as panxoliñas e felicita á veciñanza polas festas. Xermolara@ naceu no ano 1987, vencellado ó colexio de Padrenda, contando co impulso decisivo de Benito Fernández Ferreiro, párroco de Crespos e profesor de ...

O NADAL E O PATRIMONIO POPULAR

19. Xaneiro 2024
Un elemento fundamental do patrimonio cultural do Nadal son as personaxes que agasallan aos nenos e nenas, xunto coa iconografía e as representacións festivas e musicais que os acompañan. A principal representación desta tradición na vertente relixiosa é a dos Reis Magos. Melchor, Gaspar e Baltasar chegan de oriente no serán do 5 de xaneiro ...

Dende A Pastoriza para o mundo

14. Xaneiro 2024
Dende A Pastoriza para o mundo
A historia do Concello da Pastoriza remóntase á prehistoria, xa que os primeiros restos arqueolóxicos datan desa época, pero sóbrannos motivos para realizar un proxecto que poña en valor o seu patrimonio tanto natural (a lagoa de Fonmiñá, en Terras do Miño, declarada reserva da biosfera), como histórico, xa que son abundantes os xacementos arqueolóxicos ...

A NOSA FRONTEIRA, PASADO E PRESENTE

01. Decembro 2023
Atopámonos nunha das máis antigas e extensas fronteiras de Europa e do Mundo. Dende que Portugal naceu como reino no século XII, o río Troncoso sinala o punto fronteirizo máis setentrional da fronteira galaico-portuguesa. Case 900 anos nos que, malia ser Padrenda punto baixo vixilancia, sempre nos mantivemos moi preto dos nosos veciños. De feito, ...