Xandovela no Porriño
O 15 de maio estivo na Biblioteca do Porriño, contando coa participación duns 200 nenos dos colexios porriñeses Antonio Palacios e Hermanos Quiroga, a compañía Xandovela coa actividade “Lembranzas de Roberto Vidal Bolaño”. Tratábase dun contacontos didáctico e musicado arredor da vida e obra deste autor homenaxeado no 2013 no Día das Letras Galegas. Cun argumento repleto de ironía e mordaz humor, a través da narración dos Papalagui fíxose un percorrido textual e musical pola vida e obra do dramaturgo compostelán.






