Ciencia na biblioteca de Esgos
Hoxe na biblioteca de Esgos aprendemos sobre as científicas galegas e sobre as propiedades da auga cunha chea de experimentos no obradoiro “Con ciencia de muller”

Hoxe na biblioteca de Esgos aprendemos sobre as científicas galegas e sobre as propiedades da auga cunha chea de experimentos no obradoiro “Con ciencia de muller”


Pakolas presenta unha nova aventura didáctica e rockeira rebordante de imaxinación e aprendizaxe. A través das súas cancións danos a lección da importancia de coidar o medio ambiente. Unha tarde moi entretida e divertida.


Xa chegou o verán e con el, a calor… moita calor! Aínda que hoxe, a choiva e un gratificante fresquiño acompañaron a Marcos Dios Aguado que presentou en Brión “Historias de bicharracos”
Ler máis →

Unha mañán moi amena e divertida cos malabares de Paco; lanzamentos, xiros, equilibrios, etc. Con isto xeramos hábitos de xogo e potenciamos a conciencia corporal.
A Biblioteca acolleu recentemente unha sesión de contacontos moi especial que encheu o espazo de música, ritmo e moita diversión. A actividade, que correu a cargo de Eduvía Teatro, estivo centrada nas cantigas e nos ditos populares da nosa terra.
Os máis pequenos puideron viaxar no tempo a través das palabras, participando activamente na sesión mentres formaban corros e danzaban ao ritmo da nosa tradición oral. Foi unha xornada sumamente divertida e enriquecedora que amosa a importancia de achegar o patrimonio cultural á infancia dun xeito lúdico.

A sinfonía de contos de Inma Soto e Tamara Soto musicou en arzúa contos e cantigas con participación de nenos e nenas.

A Biblioteca de A Arnoia, en colaboración co colexio público San Salvador e o Centro de Maiores, organizou unha xornada de lecer interxeracional co espectáculo ” Can de Palleiro (outro circo na biblio)”, cun resultado fantástico e cheo de diversión para todas as persoas participantes, de todas as idades.

A actividade “A maxia da ciencia”, tivo lugar na Biblioteca Pública Municipal de Barro como proposta de dinamización lectora e científica dirixida ao público infantil e xuvenil, na que participaron un total de 75 nenos e nenas.
A actividade, cunha metodoloxía práctica e participativa, estivo centrada na experimentación, co obxectivo de achegar conceptos de física e química dun xeito lúdico, accesible e motivador. A través de demostracións e pequenos experimentos relacionados con fenómenos cotiáns, fomentouse a curiosidade, o pensamento crítico e a capacidade de observación das persoas participantes, permitindo comprender que moitos efectos percibidos como “maxia” teñen unha explicación científica.
A actividade complementouse coa mostra bibliográfica de libros relacionados coa ciencia e a difusión da actividade “Viaxes literarias”, lotes de libros sorpresa para o período estival, favorecendo a continuidade do hábito lector durante os meses de verán


.
As nenas e nenos fixeron debuxos cunhas pinturas especiais que alumeaban na escuridade. Despois cada un deles, explicou o seu debuxo aos demais. Foi moi divertido!





Séguenos