Obradoiro de luz negra na biblioteca de Abegondo
As nenas e nenos fixeron debuxos cunhas pinturas especiais que alumeaban na escuridade. Despois cada un deles, explicou o seu debuxo aos demais. Foi moi divertido!



As nenas e nenos fixeron debuxos cunhas pinturas especiais que alumeaban na escuridade. Despois cada un deles, explicou o seu debuxo aos demais. Foi moi divertido!



O pasado 15 de maio, con motivo das Letras Galegas, celebrouse na biblioteca municipal o obradoiro “Lettering con Begoña Caamaño” no que a rapazada coñeceu a arte de debuxar letras sumerxíndose na obra de Begoña Caamaño.
O pasado venres 17 de outubro tivo lugar a actuación de Maker Maxia na Biblioteca Municipal de Abegondo.
Os nenos e nenas aprenderon varios xogos de maxia, leváronos a cabo e tamén os puidero levar para as súas casas para continuar facendo maxia…



O venres 6 de xuño tivo lugar o “Obradoiro de Títeres de Calcetín” na Biblioteca Municipal de Abegondo.
Foi unha tarde moi entretida ca realización cada neno e nena dun títere xunto cos seus pais. Unha actividade conxunta, que rematou cunha chea de títeres moi coloridos.
O martes 24 de outubro, levouse a cabo con motivo do Día das Bibliotecas a actividade “Desprega a túa imaxinación”, que consistiu nun taller de manualidades baseado nos libros pop-up.
Unha actividade divertida na que deron renda solta á súa creatividade ao tempo que pasaron unha tarde moi agradable.

O pasado 2 de agosto os nenos e nenas disfrutaron dun escape room na biblioteca con Antía Yáñez
O luns 19 tivo lugar na Biblioteca Municipal de Abegondo a actividade “20.000 Leguas de Lectura Divertida”. Un percorrido polos libros de Xulio Verne, onde os nenos e nenas aprenderon a facer sinxelos experimentos, algúns incluso se poden facer na casa. Actividade entretida e moi participativa, estiveron atentos sen perder nin un só detalle. Todos quedaron intrigados e con ganas de ler os libros de Xulio Verne.
O pasado luns día 24, en conmemoración do Día das Bibliotecas, tivo lugar a Actuación “Toupiciencia Show” na Biblioteca Municipal de Abegondo.
Foi unha actividade moi entretida e divertida, deixando que os nenos e nenas deixasen voar a súa imaxinación e axudasen á Toupiña e o seu axudante Protonio a levar a cabo varios experimentos, acercando deste xeito a ciencia aos máis pequenos.



O pasado venres 12 de agosto tivo lugar a actividade “Scape Room Magic”. Cerca de 70 nen@s desfrutaron desta actividade que resultou ser moi interactiva, chea de maxia, xogos, … .





O pasado venres 13 de maio, tivo lugar o obradoiro “Conto máxico” da Escola das Utopías, como parte da programación das Letras Galegas. Neste, elaboraron un conto con materiais reciclables: fixeron un marco de cartón cun plástico na parte central onde escribirían o conto cun rotulador que lle deron. No marco pegaron follas, papel de seda, unha seta e un gnomo feito con telas polos nen@s, … . Con este obradoiro as nenas e nenos asistentes introducíronse no mundo da mitoloxía e dos bosques galegos.




Séguenos