Obradoiro “Conto máxico” na Biblioteca Municipal de Abegondo
O pasado venres 13 de maio, tivo lugar o obradoiro “Conto máxico” da Escola das Utopías, como parte da programación das Letras Galegas. Neste, elaboraron un conto con materiais reciclables: fixeron un marco de cartón cun plástico na parte central onde escribirían o conto cun rotulador que lle deron. No marco pegaron follas, papel de seda, unha seta e un gnomo feito con telas polos nen@s, … . Con este obradoiro as nenas e nenos asistentes introducíronse no mundo da mitoloxía e dos bosques galegos.