Gravado con Begoña Caamaño na biblio de Dumbría
Obradoiro de gravado. Iniciación a diferentes técnicas coa figura de Begoña Caamaño como vehículo condutor.
Adáptase a diferentes idades.

Obradoiro de gravado. Iniciación a diferentes técnicas coa figura de Begoña Caamaño como vehículo condutor.
Adáptase a diferentes idades.

Este ano, para conmemorar o Día das Letras Galegas, chegou ata a nosa biblio Marisa Irimia coa actividade Begoña Caamaño: voces de sal e de herba, un entretido contacontos que fixo as delicias dos máis pequenos.


Contos e animación “COUSAS DA ALDEA” na ALM de Sobrado
16 de xuño de 2026
O público disfrutou moito da obra debido a interacción dos artistas cos asistentes durante o desenrolo da actividade o día

O segundo sábado de xuño tivemos os mellores contos no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira con Ler Conta Moito.
Bea Campos co seu espectáculo “Limón, cantos e contos” puxo o público en pé nun entregado aplauso. Aquí vai a crónica do sucedido…
Chegamos ao Lustres ás 12.00 h. Houbo quen xa viña da Biblioteca Pública Municipal de Ribeira de coller libros para a fin de semana, e houbo quen se achegaba directamente para participar na actividade infantil e familiar.
Xuntámonos no salón de actos, xa co escenario cheo de obxectos que chamaban a nosa atención. Unha casiña branca, un feixe de flores, unha cesta con axóuxeres e outros instrumentos, e caixas, moitas caixas de madeira con pecho… Que haberá dentro? Quen vivirá na casiña?
Mentres agardabamos o ir e vir do ascensor co público estivemos ensaiando o noso teatriño do galego. Unha, dúas, tres veces repetimos a nosa frase “Levo o galego no corazón”, para despois de aprendida repetila en voz alta e con xestos acompasados.
Aí fomos, na compaña da concelleira de Educación e Normalización Lingüística, Nucha Brión, coñecemos as Bea Campos e representamos a nosa pequena función de amor pola lingua galega.
Bea deunos a en hora boa e as grazas e comezou o seu espectáculo.
Na casiña vivía un coelliño BRANCO, que ía facer un CALDIÑO, e saíu á HORTA, buscar COLES, pero non as había así que foi cantando e paseando na procura delas. E segue o conto, e aparecen as personaxes unha CADELA, un BOI… Amigos e amigas do coelliño BRANCO. Unha forma marabillosa de aprender novas palabras e gozar de novas historias.
E máis contos e máis cantos, e máis…
Grazas Bea Campos polo teu magnífico traballo.

OS NENOS DE CASTRO DE REI DIVERTÍRONSE MOITO CON PATRICIA MARTÍNEZ DA COMPAÑÍA EDUVIA.
CANTARON, BAILARON, E FIXERON UNHA ACHEGA AO CANCIONEIRO GALEGO LEMBRANDO DITOS, RECITADOS E CANCIÓNS.
A
A pasada semana, tivemos na Biblioteca Municipal de Ares a Silvia, que nos ensinou a pintar caras divertidas, a pequenos e familias.
Desfrutamos moito y pasamos unha tarde moi divertida!
María García, autora do libro “Alma de Grilo”, presentou o miniespectáculo do mesmo nome na Biblioteca Pública do Vicedo. A este evento asistiron os compoñentes do Club de Lectura do Vicedo, que xa tiñan lido o libro previamente, co cal disfrutaron moito máis aínda da sesión. Unha actividade marabillosa e enriquecedora coa visión da propia escritora en directo.

O venres, 12 de xuño foi un día solleiro nas Somozas e da man de Tamara Roig desfrutamos dun roteiro para coñecer prantas silvestres e os seus usos inspirado na novela de Marisa Castro.
Identificamos as especies que medran ao noso carón: menta acuática, herba de san antonio, viola, herba de san Roberto, lingua de ovella, milfollas ou herba dos carpinteiros, viboeira, mentrastro, caléndula, celidoña ou andoriña, llanten maior, hipérico ou herba de san Xoán, fiuncho, estrugas, embigo de Venus…e descubrimos historias vencelladas aos seus usos.


O pasado venres, 12 de xuño na biblioteca de Paderne tivo lugar unha actuación do mago Pedro Bugarín. Co seu espectáculo “Galicia coa maxia” fixo que os alí presentes vivirán un momento de ilusión, humor, e de maneira moi dinámica e onde o público participaba. Sen dúbida unha tarde chea de maxia.


Séguenos