Carreira encheuse de seres máxicos co Ler Conta Moito da Biblioteca de Ribeira


Vémonos nos contos!O pasado sábado, 12/07/2025, veu Xoán Curiel a Ribeira para axudarnos a montar a nosa banda de verán con Ler Conta Moito.
A quen lle gusta a música? A quen lle gusta cantar? A quen lle gusta bailar? E quen non lle ha de gustar…
Pois así foi. Cantamos, bailamos e tocamos todos cantos instrumentos nos trouxo Xoán co seu espectáculo “Como montar a túa banda de verán”.
Esta función está baseada no libro disco da Editorial Galaxia “Estamos no verán” de Xoán Curiel e Charo Pita.
Se queredes ler este libro e tantos outros que temos na Biblioteca Pública Municipal de Ribeira recordámosvos que o horario de verán é de 8.00 a 14.00 h de luns a venres.
Que teñades boas lecturas de verán!


Este sábado 24 de maio tivemos no Centro Cultural Lustres Rivas o obradoiro “A biblioteca ideal”. Gustavo levounos polo mundo dos libros e traballamos en común persoas adultas cos nenos e as nenas para facer o noso gran libro do que máis nos gusta. Xogamos, pintamos, escoitamos contos… Unha mañá marabillosa con Náufragos Teatro.
A Biblioteca Pública Municipal de Ribeira encheuse coas nosas peticións para a fin de semana.
Moito nos gusta ler…








Séguenos