Charo Pita trouxo a chave do reino a Ribeira.
O pasado sábado, 16/05/2026 o Centro Cultural Lustres Rivas viviu unha magnífica sesión de contos con Charo Pita.
Reunímonos ao acubillo das obras da XV Bienal de Pintura do Eixo Atlántico. A arte alimenta o espírito e tamén axuda a que a nosa agarda polo comezo do espectáculo sexa moi produtiva.
Logo de ver os cadros escoitamos un breve discurso sobre as importancia da transmisión do galego, o noso maior patrimonio inmaterial, e puxémonos a ensaiar a nosa coreografía co lema “Levo o galego no corazón. Pum, pum. Pum, pum”.
Xa no salón de actos recibiunos Charo Pita, fixemos a coreografía do galego, deunos a en hora boa e comezou a contar e cantar. Que marabilla!
Charo deunos a chave do reino dos contos para que poidamos gozar de novas historias sempre que queiramos. E contou, contou unha manchea de contos, e cantou, cantou unha manchea de cancións coas que divertirnos e aprender.
Para rematar fomos coller os nosos libros favoritos á Biblioteca Pública Municipal de Ribeira.
Vémonos nos contos!



