Obradoiro de cianotipia na B.P.M de Mondariz Balneario

No día de onte achegouse á Biblioteca de Mondariz Balneario o equipo de PeixeSapop para ensinarnos as diferentes técnicas a aplicar para realizar as cianotipias, tanto para maiores como para á cativada. O publico asistente traballou con diferentes materiais, plumas, algas, vexetais…que aplicados xunto cos negativos formaron uns traballos únicos. Aquí tedes unha escolma dos resultados.

Quedamos encantadas e encantados con esta actividade, moi recomendable para todos os públicos.




