O xoves 21 de maio festexamos as letras galegas acompañad@s por Marisa Irimia e a súa contada sobre” Begoña Caamaño :voces de sal e de herba”. Coñecimos un pouco máis sobre a vida da escritora a través dos contos que foron moi divertidos.



Os rapaces e rapazas das Pontes asistiron emocionados ás aventuras do dragón que no canto de botar lume botaba auga. Axudado por Xela o dragón atopou o seu lugar. Tamén axudou o público que berroulles aos títeres para que visen o que tiñan ás costas ou para que non se deixasen enganar. Pasamos unha tarde divertida e quedamos con gana de máis
Con motivo das Letras Galegas, o pasado 15 de maio en A Bola (Ourense) tivemos o pracer de compartir unha fermosa actividade “Xela, aventura na Fraga, con Inma Soto dentro do programa “Ler Conta Moito”. 📚💙
Foi unha tarde moi especial na que as familias participantes puideron gozar de contos, actividades e momentos compartidos arredor da nosa lingua e cultura galega. Agradecemos moito a asistencia e participación de todas as persoas que fixeron posible esta experiencia tan enriquecedora.

Lucía Jares no taller de escritura (primeira sesión).
Vémonos nos contos!
No día de onte achegouse á Biblioteca de Mondariz Balneario o equipo de PeixeSapop para ensinarnos as diferentes técnicas a aplicar para realizar as cianotipias, tanto para maiores como para á cativada. O publico asistente traballou con diferentes materiais, plumas, algas, vexetais…que aplicados xunto cos negativos formaron uns traballos únicos. Aquí tedes unha escolma dos resultados.

Quedamos encantadas e encantados con esta actividade, moi recomendable para todos os públicos.
O día 17 de maio a Biblioteca Pública de Allariz a través do programa Ler Conta Moito sumouse a celebración das Letras Galegas 2026, dedicado a Begoña Caamaño ca programación da actividade cantamos con Luis! De Luis Vallecillo
A biblioteca utilizou como espazo para a realización da actividade a Alameda para pode albergar un maior número de público y que actividade, e mais coincidindo ca data do 17 de maio puidese participar o maior numero de nenas e nenos.
Luis Vallecillo fixo un recorrido polo seu libro Cantamos? E a través dos seus contos, cantarémolos e bailarémolos, gozando da lectura a ritmo de blues e rock & roll…contos de sempre, Os Tres Cerditos, Juan sen Medo” e moitas sorpresas entre as que estivo canción de Rosalía de castro.

O venres 15 de maio con motivo da programación das letras galegas realizamos un obradoiro de fundas+cadernos de lectura a cargo do Faiado de Nin na Biblioteca Municipal da Laracha. Un obradoiro moi entretido e participativo no que poideron levar para casa o material elaborado.


Séguenos