CONTACONTOS: Xela, aventura na fraga de Inma Soto

O pasado venres na Biblioteca de Sober os nenos e as nenas de Merendas con Contos recibiron a visita de Inma Soto e coñeceron a súa historia “Xela, aventura na fraga”.

O pasado venres na Biblioteca de Sober os nenos e as nenas de Merendas con Contos recibiron a visita de Inma Soto e coñeceron a súa historia “Xela, aventura na fraga”.
O martes día 19 de maio estivo na BPM de Sober o contador Avelino González.
Escoitamos historias próximas do noso concello e recoñecidos personaxes moi pintorescos. Tamén lendas de mouras e tesouros, con moitas anécdotas cómicas que fixeron rir, e moito, ás persoas asistentes a esta sesión de contos.

Paula Regueiro García realiza unha viaxe a través das Letras Galegas descubrindo un país de libros e letras. Achegounos a historias de coraxe e imaxinación na vida e obra das autoras galegas, facendo especial mención da homenaxeada das Letras 2026, Begoña Caamaño. As nenas e nenos asistentes a actividade aprenderon que as palabras son chaves que abren portas.
Gozamos moitísimo do espectáculo que nos trouxo o Mago Paco. Entramos nun mundo fantástico e divertido no que as nenas e nenos viaxaron por lugares abraiantes, coñeceron a personaxes estraños e viviron aventuras máxicas. Súper recomendado!

Na Biblioteca Pública Municipal de Sober pechamos o curso das nosas Merendas con contos voando directamente ao espazo con Trémola Teatro.
Realizamos unha viaxe fascinante pola historia das mulleres pioneiras da carreira espacial. Ademais aprendemos pasándoo xenial indo máis alá das estrelas!
.

Os membros do Club de Lectura Pintor de Castinande da Biblioteca de Sober, rimos, emocionámonos e desfrutamos cos contos de Cris de Caldas.
Co seu espectáculo, A conto delas, coñecemos as historias de mulleres que a súa avoa lle contaba, nunha tarde moi amena e divertida
O venres 14 de xuño estivo en Sober o Mago DEIMI. A partir dunha serie de libros, este mago foi realizando distintos números de maxia, interactuando coas persoas asistentes. Un espectáculo moi entretido e realizado con gran profesionalidade.

O martes 11 de xuño ás 18:00h. o CL Pintor de Castinande contou coa presencia de Soledad Felloza, actriz, contadora de historias, fotógrafa e dramaturga.
O seu espectáculo, chamado “ESTRELAS”, está cheo dun montón de historias baseadas na narrración oral galega. “Estrelas” “é un espectáculo de historias de rapazas e mulleres reais e do mundo literario que loitan por un mundo sen violencia e con igualdade plena. Pasamos unha tarde estupenda.


Ana Meilán, excelente autora e contadora de literatura infantil, estivo na BPM de Sober acompañando aos nenos e nenas que participan nas Merendas con Contos dos venres.
Chegou cargada de libros que conteñen moitas historias. Descubrimos os segredos dos personaxes que viven nos contos e desfrutamos un montón coas aventuras narradas por Ana.
O xoves 27 de xullo tivemos na biblioteca de Sober un obradoiro denominado “Mulleres inventoras “, impartido por Raquel Vázquez Blanco. Esta actividade descubre de maneira dinámica e participativa os inventos de mulleres moitas veces esquecidas na historia. A sesión rematou cun xogo de memoria e a realización de paneis coa vida e obra destas mulleres inventoras. Asistiron 36 nenos e nenas paricipantes no campamento de verán do noso concello.




Séguenos