Contos con miga en Chantada
Hoxe pasamos unha tarde moi divertida con Carlos Yus de Migallas Teatro, que nos trouxo a Chantada unha morea de contos e cancións, co que conseguiu que todos os asistentes, grandes e pequenos interactuasen.

Hoxe pasamos unha tarde moi divertida con Carlos Yus de Migallas Teatro, que nos trouxo a Chantada unha morea de contos e cancións, co que conseguiu que todos os asistentes, grandes e pequenos interactuasen.

O venres 8 de maio tivemos a visita de Ana Meilán coa actividade “Ao meu lado podes ser”, un contacontos moi participativo dirixido a nenos e nenas de 1 a 5 anos, no que as crianzas estiveron moi entretidas e quedaron con gañas de máis. O Bebé que acompañaba a Ana non deixou de xogar con todos os asistentes.





Hoxe pasamos un anaco moi divertido co avó Carmelo e o seu can Rus. Que como é moi despistado e non lle dá xeito aos contos tiveron que axudarlos nenos e nenas de Chantada para que conseguise rematalos.

Hoxe unha moura e un trasno visitaron a nosa biblioteca para estar cos nenos e nenas de Chantada porque queren salvar o bosque e precisan a axuda de todos os asistentes.
Para iso deben atravesar probas e descubrir a mitoloxía e a natureza galegas entre xogos, contos, cancións e malabares.
Actividade moi participativa e entretida.

O venres día 3 ás 18:00 visitounos Polo Correo do Vento coa actividade “Tinta do Mar. Pequena biografía de Luísa Villalta”
Como é habitual neles atraparon ao público asistente xa que nos contaron, ilustraron e cantaron varios aspectos da vida e da obra de Luísa Villalta, autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas.
Actividade altamente recomendada. Non é fácil atrapar aos máis pequenos cunha biografía, pero eles sábeno facer dun xeito moi orixinal.
Rematou a actividade con todos asistentes facendo unha caricatura de Luísa Villalta, claro que guiados por Carlos de Polo Correo do Vento.

O venres 24 de abril tivemos a visita da ilustradora Blanca Millán e do escritor R.J. Peralta que nos narraron varios dos seus contos ademais de amenizar a sesión con música.
Actividade moi amena e participativa que foi todo un éxito entre os asistentes
.

O venres 26 de maio Charo Pita estivo na biblioteca municipal de chantada, co espectáculo “Porco, porquiño, ensíname o camiño”
A esta actividade asistiron nenos e nenas de 1 a 3 anos acompañados das súas familias ademais dos matriculados na Galiña azul do Concello de Chantada.



Séguenos