Polo Correo do Vento na Biblioteca Pública Municipal de Chantada
O venres día 3 ás 18:00 visitounos Polo Correo do Vento coa actividade “Tinta do Mar. Pequena biografía de Luísa Villalta”
Como é habitual neles atraparon ao público asistente xa que nos contaron, ilustraron e cantaron varios aspectos da vida e da obra de Luísa Villalta, autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas.
Actividade altamente recomendada. Non é fácil atrapar aos máis pequenos cunha biografía, pero eles sábeno facer dun xeito moi orixinal.
Rematou a actividade con todos asistentes facendo unha caricatura de Luísa Villalta, claro que guiados por Carlos de Polo Correo do Vento.