Actuación de Migallas en Chantada
Hoxe ás 12.00 tivemos a actuación de Migallas na Praza da Paz do Concello de Chantada, onde preto dun cento de persoas de público familiar, puido asistir a actividade Cantacontos.

Hoxe ás 12.00 tivemos a actuación de Migallas na Praza da Paz do Concello de Chantada, onde preto dun cento de persoas de público familiar, puido asistir a actividade Cantacontos.

Onte xoves 13 de agosto ás 12.00, Mere clown, Moc Moc, amenizounos cunha adaptación do Frautista de Hamelin, aderezada con humor e xogos malabares.
A actividade realizouse na praza na que está ubicada a Biblioteca para poder manter as distancias de seguridade.

Contounos a historia dun neno galego, Breogán, que entra por arte de maxia no libro do Quixote de Cervantes. Alí, vive misteriosas e sorprendentes aventuras. Neste conto, Breogán descobre que as princesas non son como dicían os contos, e que poden facer cousas abraiantes.
Ademais de contar amenizou a sesión coas súas ilustracións que non deixaron indiferentes aos asistentes.

Onte xoves 17 de outubro tivemos a visita do Cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa, que ademais de contos trouxéronnos moitas sorpresas, e fixéronnos pasar unha tarde moi divertida coa súa Cabaza encantada.
Amosáronnos a pelota da diversidade coa que tivemos a oportunidade de sacar unha foto.
Para rematar fixemos un obradoiro de “galletas monstruoooosas”



O xoves 10 de outubro o bardo Abelardo visitou a Biblioteca Municipal de Chantada co espectáculo “A música da auga” no que nos cantou un conto no que puxo en valor a importancia da parte femenina das nosas vidas : A auga, a terra, a tenrura, a paz e solidariedade e acabar así con todo tipo de violencias.

Onte xoves ás 17.00 tivemos a visita de Caxoto contacontos co espectáculo “Conto para escoitar mentres bailamos un valse”

Hoxe ás 12.00 tivemos a Ian & Elisa co seu espectáculo A maxia dos contos. Con sombras chinesas, maxia e moito humor agasallaron ao púbico asistente.
Esta actividade estivo dirixida ao club de lectura do centro Asdeme da localidade e a público familiar en xeral.

Hoxe mércores un numeroso público familiar asistiu á función “Radio Bulebule” de Paco Nogueiras, na que pequenos e grandes o pasaron moi ben.



Hoxe tivemos unha mañá de maxia con Javier Muro e os seus axudantes improvisados na Biblioteca Municipal de Chantada

Hoxe sábado 27, rematamos as actividades programadas para o mes de outubro cunha sesión de maxia e contos a cargo do Mago Paco coa que gozamos tanto grandes coma pequenos.



Séguenos