O bardo Abelardo visitou a Biblioteca Municipal de Chantada
O xoves 10 de outubro o bardo Abelardo visitou a Biblioteca Municipal de Chantada co espectáculo “A música da auga” no que nos cantou un conto no que puxo en valor a importancia da parte femenina das nosas vidas : A auga, a terra, a tenrura, a paz e solidariedade e acabar así con todo tipo de violencias.