A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE QUIROGA CONMEMOROU O DÍA DO LIBRO
O pasado xoves a Biblioteca Municipal de Quiroga conmemorou o día do libro, co espectáculo “Viaxa cos Libros”. Participaron nenos e nenas do CEIP de Quiroga. A actividade foi moi dinámica e o público participou activamente. Coma sempre foi un pracer contar coa colaboración deste centro de ensino.





