AS LETRAS VOAN CON NOME DE MULLER EN CEE
O auditorio Baldomero Cores de Cee reuniu hoxe aos alumnos das unitarias de Brens, Pereiriña e Vilarmide e aos colexios Vila de Cee e Manuela Rial para celebrar as letras de Begoña Caamaño e de todas as mulleres que foron homenaxeadas no Día das Letras Galegas.
Ao remate do espectáculo, entregamos os premios da XXXV edición do concurso de relatos e a XXII edición en busca do noso marcapáxicas organizados pola Biblioteca de Cee.
Grazas a Paula por facer un espectáculo tan divertido para os cativos.





