Burromaquia en San Vicente
O mércores 13 de maio, no salón de actos da Axencia de Lectura de San Vicente, os nen@s do CEIP As bizocas disfrutaron dunha sesión de contos “Burromaquia” a cargo de Inacio Vilariño.

Espectáculo de narración oral, cunha selección de contos, fábulas, poemas e cancións na que se fala con simpatía dese animal tan entrañable que é o burro. De entre todas as historias contadas, non podia faltar a do “Burro da Toxa” que levantou risos entre os asistentes.





