Mitos, lendas e cantigas co Bardo Abelardo en Trazo
Dentro da celebración do Día das Letras Galegas, o Bardo Abelardo presentou este martes en Trazo a función “Mitos, lendas e cantigas”, creada para homenaxear a Begoña Caamaño.
Un espectáculo de narración oral e música en directo que nos acerca a súa vida e a reinterpretación que fixo dos clásicos dende un enfoque feminino e actual na súa obra. E tamén nos mostra o significado e a importancia da transmisión oral a través dos mitos, lendas e cantigas.





