A cor da palabra, unha proposta de Fanithings -Biblioteca municipal de Ferrol-


A lúa como protagonista nunha sesión divertida e participativa. Imaxinación en todo o relato.

O venres día 5 de xuño a Biblioteca Municipal da Estrada acolleu o seu segundo espectáculo do programa Ler Conta Moito do ano 2026. Nesta ocasión, recibiu a visita de Raquel Queizás e as súas Raposadas, con historias e contos que fixeron as delicias dos nenos e nenas estradenses.

Este pasado venres día 5 a cativada pasouno en grande con Ecoralia, a lambona ecolóxica”: música, maxia e rock para coidar o planeta.
Unha proposta musical e narrativa que nos ensinará a través das súas cancións e contos a importancia de consumir alimentos ecolóxicos, para coidar o medio ambiente, combater o cambio climático e garantir o benestar animal.

O pasado día 5, a nosa rapazada participou nunha charla sobre o impacto dos plásticos no medio ambiente. A continuación, puxeron as mans na masa nun obradoiro creativo utilizando lixo mariño recollido na Costa da Morte. Unha experiencia do máis gratificante que combinou a aprendizaxe coa diversión e a concienciación ecolóxica.

A Biblioteca Municipal Isidro Novo de Lugo acolleu onte unha nova actividade do programa Ler conta Moito da man de Bea Campos, que presentou o espectáculo “Limón, contos e cantos”.

As crianzas máis pequenas, acompañadas das súas familias, gozaron dunha proposta chea de música, narración oral e participación. A través de contos e cancións, e coa compañía de tenros animaliños que foron aparecendo ao longo do espectáculo, Bea Campos deu vida ás historias e conquistou ao público asistente.


Catuxa estivo nas Pontes contando ao público miúdo un dos seus contos favoritos, A Cebra Camila. Como estaba un día estupendo fixemos a actividade diante da Biblioteca, no parque. Foi unha tarde moi divertida.

O pasado sábado 30 de maio contamos coa presenza de Marta Ortiz na biblioteca infantil e xuvenil de A Senra, en Bergondo, onde levou a escena o seu espectáculo de narración oral para crianzas “Casa, casina, casona”. A través desta obra transmitiunos un variado repertorio de cancións, contos e adiviñas acompañadas dunha coidada selección de obxectos, sons e xestos cos que conseguíu aprender, divertir e entreter as máis pequenas ao mesmo tempo que fixo desfrutar dun agradable tempo en familia.

Este ano na biblioteca de Foz celebramos o día das Letras Galegas con A Xanela do Maxín, que a través do seu espectáculo “A gran viaxe das Letras Galegas” achegounos un pouco máis ás distintas figuras da literatura galega, dende Rosalía de Castro ata Begoña Caamaño. Unha viaxe a través do tempo para coñecer a lingua e a cultura galega. Unha actividade didáctica e moi participativa na que a rapazada se transforma en protagonista.
“Minguante canta poesía galega” é un proxecto musical en formato dúo que fusiona a literatura e a música para dar vida a poemas clásicos e contemporáneos da cultura galega.
E unha actividade moi animada e entretida; ao público gustoulle moito. 


Séguenos