CASA,CASINA,CASONA – MARTA ORTIZ

O pasado sábado 30 de xuño contamos coa presenza de Marta Ortiz na biblioteca infantil e xuvenil de A Senra, en Bergondo, onde levou a escena o seu espectáculo de narración oral para crianzas “Casa, casina, casona”. A través desta obra transmitiunos un variado repertorio de cancións, contos e adiviñas acompañadas dunha coidada selección de obxectos, sons e xestos cos que conseguíu aprender, divertir e entreter as máis pequenas ao mesmo tempo que fixo desfrutar dun agradable tempo en familia.





