Un encontro có PRINCIPIÑO na Bibliotea de Meis
Boa selección de fragmentos do libro “O Principiño” coa música de dous clarinetes en directo que acentúan as emocións. Sesión moi potente.

Boa selección de fragmentos do libro “O Principiño” coa música de dous clarinetes en directo que acentúan as emocións. Sesión moi potente.


Nun momento de reflexión …
“Minguante canta poesía galega” é un proxecto musical en formato dúo que fusiona a literatura e a música para dar vida a poemas clásicos e contemporáneos da cultura galega.
E unha actividade moi animada e entretida; ao público gustoulle moito. 

![]()
![]()
O día 28 de maio, na B.P.M. de Fene celebramos o Día das Letras Galegas co artista Dani Blanco e o seu espectáculo “Circo na Biblioteca”. Dani Blanco sorprendeunos coa súa actuación de malabares con cordas, pelotas, libros, aros, coitelos, … e acompañada pola historia dun gato. Todo apuntaba a que se trataba dunha historia de terror, pero nada que ver. Tanto nenos como maiores non pararon de rir ![]()
![]()
![]()
Celebrando o Día das Letras Galegas en Vilanova de Arousa con A Xanela do Maxín e o seu espectáculo “A gran viaxe das Letras Galegas

Cita literaria a cegas é o título dunha das actividades organizada pola B.P.M. de Valdoviño para celebrar o Día do Libro. Libros aportados polos participantes na actividade que se presentaban envoltos e que esperaban ser elixidos por outro lector baixo o reclamo dun texto escrito nunha tarxeta que portaban na envoltura; sesión de contacontos para maiores de 14 anos cun invitado sorpresa que resultou ser Caxoto contando as historias do espectáculo “Un libro baixo a almofada” versión adultos.
Continuamos coas actividades do Programa de Animación á Lectura e de Dinamización da Lingua Galega de 2026 da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén – BiblioPazos coas que conmemoramos o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR, que se celebra en todo o mundo o día 23 de Abril de cada ano desde o 15 de novembro de 1995 en que tivo a sua orixe como unha maneira de render unha homenaxe a grandes escritores universais como Miguel de Cervantes, Garcilaso de la Vega, William Shakespeare, Vladimir Nabokov, Josep Pla e Manuel Mejías Vallejo, entre moitos outros; e foi a través da UNESCO que se decretou ese día co obxectivo de fomentar a lectura entre todos os públicos, a cultura e as letras no mundo, ademais de protexer a propiedade do dereito de autor, a iniciativa da Unión Internacional de Editores.
E é que ler axúdanos a coñecer culturas, a viaxar no tempo e a cultivar a nosa mente.
E para conmemorar esta importante data tivemos con nos o pasado Venres día 24 de Abril a partir das 13:00 horas no Auditorio do Concello á actriz, contacontos, fotógrafa e xestora cultural SOLE FELLOZA que nos trouxo o seu espectáculo de narración oral “SERES MÁXICOS DO REINO DE GALICIA”.
Esta actividade forma parte do programa de dinamización da lectura “LER CONTA MOITO” que promove a Direción Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en colaborción cos concellos que teñan as súas bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia.
Asistiron a este evento os usuarios da Asociación ASPAVI e o alumnado de 3º, 5º e 6º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.
Houbo un tempo no que coñecer os seres máxicos era imprescindible para entender o mundo. Saber onde vivía o nubeiro, que monte habitaba un xigante ou en que fonte podía aparecer unha moura axudaba a orientarse no territorio, pero tamén na vida. Estes seres formaban parte dun saber compartido, ligado á terra, aos camiños e á memoria do país.
Hoxe moitos destes personaxes convertéronse en nomes alleos para a rapazada, figuras borrosas ou esquecidas. E cando esquecemos os seres que nos explicaban o mundo, empobrecemos o imaxinario colectivo e rompemos un fío esencial coa memoria do Reino de Galicia, coa súa xeografía simbólica e coa tradición oral que a sostivo durante séculos.
Este espectáculo de narración oral propón volver poñerlles voz, corpo e historia a esas criaturas. A partir do Mapa dos Seres Máxicos do Reino de Galicia, creado por Manuel Gago e ilustrado por Leandro Lamas, a palabra falada convértese nun mapa vivo: un espazo escénico onde pousar o dedo e abrir unha historia, onde cada lugar garda unha voz.
Trasnos, meigas, xacias, nubeiros, seres desaparecidos e outros vencellados a illas, montes, fontes ou camiños regresan á oralidade para ser contados de novo, reinventados e compartidos. Porque a tradición oral tamén é unha forma de ecoloxía cultural: o que non se conta, desaparece.
Seres Máxicos do Reino de Galicia é unha invitación a recuperar un imaxinario propio, rico e poderoso, e a facelo dialogar co presente, para que estas figuras deixen de ser reliquias do pasado e volvan acompañarnos no camiño cara ao futuro, como parte viva da identidade e da memoria do país.

En Vilanova de Arousa , a Biblioteca Municipal Irmáns Camba celebrou o Día do Libro cunha actividade moi especial:
a actuación do mago Martín Camiña e o seu espectáculo “Unhas maxias impares”.
Nesta xornada dedicada á lectura, á imaxinación e ao poder das historias, a maxia converteuse nun complemento perfecto para achegar os máis pequenos ao mundo dos libros dun xeito lúdico e diferente. Os nenos e nenas puideron participar activamente no espectáculo, o que fixo que a actividade resultase especialmente divertida, amena e dinámica, fomentando ao mesmo tempo o interese pola lectura e a creatividade.
Día 24 de outubro de 2025 ás 21:30, biblioteca de Escairón
Celebramos a Semana das Bibliotecas coa actividade do programa Ler conta moito…
Sabes coser? obradoiro de contos sobre igualdade
da man de Anxo Moure
o 24 de outubro, ás 21:30
Despois de cear, saímos ó patio da biblioteca para recibir a este estrafalario e sorprendente gardador de historias dos bosques e da natureza, que chegou coa súa ciclobiblioteca para contarnos historias da natureza, dos bosques, de seres fantásticos, lendas próximas e historias lonxanas, todas elas falando de igualdade, solidariedade, amor e fantasía.

Escoitamos, cantamos, saltamos, berramos, bailamos e paseamos na caixa de historias da ciclobiblioteca…e tamén guiamos a bicicleta, non só os seres humanos diminutos, se non tamén os máis grandes.


En resume, pasámolo xenial! E rematamos o día de festa cun pequeno espectáculo sorpresa!
Día 24 de outubro de 2025 ás 20:00, biblioteca de Escairón
Celebramos a Semana das Bibliotecas coa actividade do programa Ler conta moito…
Lettering co Cancioneiro Popular Galego
da man de Velaísca
o 24 de outubro, ás 20:00
Despois de viaxar pola galaxia, relaxámonos na nosa terriña galega, e despois de facer un rato de caligrafía de lettering para acostumarnos a facer os trazos, escollemos un verso que nos chamara a atención dos moitos que nos ofrece o cancioneiro tradicional galego.

Fixemos auténticas preciosidades, e rimos con algúns dos inesperados versos. Tamén sabemos que temos moitos cancioneiros tradicionais galegos na biblioteca.


Séguenos