30/09/2025
Onte, 29 de setembro, tivo lugar, na Biblioteca Mª José Ruso de Dorneda, un espectáculo de maxia, dentro de Ler conta moito, do Mago Rafa chamado “AbracaLibro”, para nenos e nenas a partir de 5 anos, acompañados dos seus pais. O Mago Rafa deleitóunos con varios trucos de maxia, entre eles, trucos con cartas de póker, trucos cunha bolsa de plástico e un ovo ou trucos con números mais unha calculadora facendo operacións imposibles. Pequenos e maiores quedaron abraiados con ganas de ver máis sorpresas e descubrir o maravilloso mundo da maxia. Apto para tódolos públicos.



Séguenos