Avelino González encheu de paxariños a Biblioteca Xabier P. Docampo

Este xoves, 23 de outubro, na Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo (A Barcala – Cambre) gozamos dunha extraordinaria sesión de contos con imaxes e sons de paxaros.

Este xoves, 23 de outubro, na Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo (A Barcala – Cambre) gozamos dunha extraordinaria sesión de contos con imaxes e sons de paxaros.

Na tarde do mércores 22 de outubro, Alba de Vales achegou á Biblioteca Central María Pita de Cambre, unha chea de contos e cantos de terra e tenrura.
Día 21 de outubro de 2025 ás 11:00, biblioteca de Escairón
Celebramos a Semana das Bibliotecas coa actividade do programa Ler conta moito…
Contacontos sensorial
da man de Eduvía (Vías para a Educación)
o 24 de outubro, ás 11:00 na biblioteca
Coma en anteriores edicións, convidamos a pais, nais, avós, avoas, profesoras e bebés a visitar a sala infantil da biblioteca para coñecer a sala infantil, nomeadamente a sección Bebeteca. Ademais, Patricia a través da actividade Contacontos sensorial achegounos ás sensacións que sons, colores, olores e tacto provocan en nós e en contacto cos nosos bebés.
Ademais de xogar coa nosa voz, aproveitamos para, xuntos, ver e tocar diferentes obxectos, para SENTILOS.

Podemos xogar coa nosa voz modulándoa para contar un conto.
Rematamos co sentido do olfacto, co que rimos un pouco bastante.
Cantamos, bailamos, rimos, pero sobre todo sentimos.
Rematada a sesión sensorial, xogamos cos libros da biblioteca para coñecelos e recoñecer que hai que podemos levar para a casa ademais da idea de xogar cos nosos sentidos e cos dos bebés, sabendo que na casa (coñecendo as súas preferencias, alerxias e intolerancias) ademais de coa vista, o ouvido, o tacto e o olfacto, podemos xogar co sentido do gusto, ofrecéndolles sabores novos e con diferentes. Os materiais para bebés que temos na biblioteca poden consultarse no catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia [consulta aquí os libros da Bebeteca].
Onte, 17 de outubro, a contadora de contos e actriz Raquel Queizás visitou a vila de Sarria co seu espectáculo “Elas sempre contan”. Co gallo da celebración do “Día das Escritoras”, Raquel presentounos varias lecturas escritas por mulleres, que ganas de comezar a leelas todas!!!



Este martes acompañounos Paula Carballeira para falar da súa obra teatral “As Alumnas”, coa que gañou o Premio Nacional de Literatura Dramática en 2023. Foi unha charla do máis gratificante na que falou de como xurde a idea, como vai artellando os diferentes elementos sobre unha base histórica fiel e sempre presente, onde tamén deixa a súa pegada persoal. Todo isto, amenizado co seu bo facer como contadora onde non faltaron as risas e as anécdotas que xurdiron coas diversas representacións da obra. Quedamos encantadas de pasar unha tarde tan amena, recordando e aprendendo como era o sistema educativo da muller na primeira metade do século pasado.
Neste obradoiro traballamos sobre os discursos de odio, que son, que tipos existen e como detectalos, ademais de darnos as ferramentas necesarias para rematar con esta clase de discursos. Que a grandes rasgos son detectables, pero no noso día a día supoñen unha serie de micro ideas e relatos que repetimos e perpetuamos sen darnos conta dos perxuizos que estamos a ter. Despois do obradoiro e dun debate chegamos a conclusión de que a tolerancia, o coñecemento e o respeto, son as claves para entender e poder vivir nunha sociedade mais tolerante e inclusiva.
O venres, 10 de outubro, a educadora ambiental e contadora de historias Inma Soto visitou a vila de Sarria para presentarnos a Xela, a protagonista do conto que ela mesma edita xunto a Clara Cerviño.
Que ben o pasamos coñecendo as aventuras de Xela na aldea, amais de aprender o importante e necesario que é coidar a natureza. Volve axiña!!



A Compañía Trémola Teatro presentounos a actividade “VAMOS AO RECREO“, compartindo con nós a historia de Sara,unha rapaza que revolucionou o patio. Unha mañana chea de bailes e risas ! Porque no recreo sempre ocorren as aventuras divertidas.

Obradoiro impartido por Silvia Rábade, de “Escuchando elefantes”, no que creamos unha morea de receitas inspiradas en libros, música… e ao mesmo tempo moi nutritivas e saudables.


Onte, venres 3 de outubro, a artista Noelia Porto de Lalá Teatro visitou a vila de Sarria co seu espectáculo “Eu quero ser” co que coñecemos diferentes profesións a través de xogos, contos e cancións. Encantounos a historia de Lúa, a protagonista…agora ámbalas dúas son as nosas amigas!



Séguenos