Escape room na Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo (Cambre)
A rapazada de A Barcala (Cambre) puido gozar este venres 30 de setembro dunha nova actividade de animación á lectura. Antía Yáñez ofreceu na Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo unha sesión de ‘Escape room na biblioteca’. Mozos e mozas de Cambre tomaron parte nun entretido xogo de pistas que os levou a percorrer todos os recunchos da biblioteca para poder escapar do lugar.
Séguenos