Frumario visitou Cambre, animando a procurar os tesouros da lectura
O pasado venres a biblioteca municipal Xabier P. Docampo (A Barcala-Cambre) recibiu a visita dun personaxe moi especial que animou ás nenas e nenos a procurar todos os tesouros que a lectura nos ofrece.
Frumario o bibliotecario chegou cargado de fantasía, narracións, ciencia, poesía e musica para descubrir os segredos máxicos que se esconden nos andeis da biblioteca.