Obradoiro de banda deseñada: coñécete a través dos cuadriños. XOSÉ TOMÁS na Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo de Cambre
Continuamos co programa ABRILUSTRADO e cos obradoiros de Xosé Tomás, esta vez noutra das bibliotecas de Cambre, a Xabier P. Docampo. Aquí con alumnado de 3º da ESO do IES Afonso X.
Cun percorrido pola historia da banda deseñada, imos reparando na súa linguaxe: o importantes que son os silencios e todo o que nos poden dicir, as liñas cinéticas, onomatopeias, as diferentes formas de viñetas, a elipse, os globos ou bocadillos…
Intercalando teoría e práctica, imos coñecendo tamén os diferentes planos e o por que de cada un deles.
Actividade moi interesante e moi ben valorada polo participantes.
Séguenos