“Maxia de aquí e de acolá” na Biblioteca municipal de Ortigueira “Juan Fernández Latorre”
Unha mañá chea de maxia con David Méndez para os usuarios e usuarias da Asociación Pro-Minusválidos do Ortegal (ASPROMOR).
Unha mañá chea de maxia con David Méndez para os usuarios e usuarias da Asociación Pro-Minusválidos do Ortegal (ASPROMOR).
O Día Internacional da Lingua de Signos tivemos un contacontos moi especial na biblioteca. Moitas grazas, ContAZ
Para celebrar o inicio do curso escolar o pasado venres 16 de setembro estivo con nós en Pazos de Borbén PACO CERDEIRA “PAKOLAS“ acompañado de RAMONA ÓRBITA coa súa máquina do tempo coa que nos fixo viaxar ao futuro e ao pasado para procurar tecnoloxía que nos permitira crear un mundo mellor, máis ecolóxico e con enerxías limpas.
Con boa música e excelentes cancións interpretadas por Pakolas viaxamos á prehistoria onde coñecemos a Manolo Cavernario e xantamos churrasco de mamut; visitamos a Leonardo Da Vinci no Renacemento; estivemos tamén co faraón Ramsés en Exipto e visitamos moitos mais lugares onde descubrimos moitas cousas interesantes.
Estivo con “Ramona Órbita” e “Pakolas” todo o alumnado de Infantil e Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e da EEI “A Galeriña” de Nespereira, ademáis dos usuarios da Asociación ASPAVI acompañados dos seus mestres e monitores; e podemos garantizar que todos os asistentes o pasaron moi, pero que moi ben.
Aquí vos deixamos unhas imaxes do evento.
Para conmemorar a chegada do Solsticio de Verán e as vacacións escolares estivo con nós o escritor, músico e actor PACO NOGUEIRAS co espectáculo “EXTRA!” baseado no seu Libro-CD do mesmo título editado por Kalandraka Editora, no que se combinaron cancións e interpretacións cos rexistros mais divertidos.
A actividade tivo lugar o Venres 10 de Xuño ás 13:00 horas nas instalacións do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e estiveron convidados á mesma o alumnado de Infantil e Primaria do centro, os usuarios da Asociación ASPAVI, e todo o público en xeral que se inscribiu previamente na Biblioteca.
Chegou o “xornal musical” que Paco Nogueiras ideou para compartir con todas e todos nós convidándonos a conectar co mundo e transformar a realidade en canción. Cantáronse noticias, bailáronse melodías e ritmos modernos e pegadizos que animaron á participación activa de todos os asistentes.
En definitiva, difusión da lingua galega, alegría, diversión, imaxinación e información.
Grazas a Paco Nogueiras por este estupendo espectáculo musical.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA
En BIBLIOPAZOS continuamos coa programación educativo-cultural de animación á lectura e para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS que se celebrou o día 17 de Maio, tivemos con nós á actriz e contadora SABELA GAGO quen nos trouxo o seu espectáculo de contacontos “MALETAS VIAXEIRAS”.
A actividade tivo lugar o VENRES DÍA 3 DE XUÑO ás 13:00 horas no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén, e estivo convidado para asistir ao mesmo o alumnado de Infantil do CPI “Curros Enríquez” de Pazos; da EEI “A Galeriña” de Nespereira; e os usuarios da Asociación ASPAVI.
Maletas de distintos tamaños e formas estimularán a imaxinación do público para guialo por países inventados e reais, fantásticos e universais. Mergullarémonos no mar e pasearemos por París ata chegar á muralla chinesa. Fomentaremos a lectura coa teatralización, nun constante xogo de interacción cos nenos e nenas, e acompañaremos á ratiña Sofía na súa viaxe polo Universo para descubrir quen é o ser mais poderoso do Mundo.
Unha estupenda actividade na que Sabela Gago soubo ter entretidos e atentos aos participantes en todo momento e que estos participaran moi activamente do espectáculo.
Divertido, divulgativo e participativo obradoiro/espectáculo sobre o Sol, e sobre a natureza e propiedades da luz, que deixou aos nenos/as de 2º e 3º ciclos do CEIP de Moeche enganchados, cheos de interese e asombrados ante os experimentos e as exposicións de Vicente Mohedano, tomando un papel moi activo en todo momento.
Grazas a Vicente polo que puxo da súa parte para que a actividade puidese chegar ao maior número de alumnos posible, tendo en conta os protocolos covid dos colexios.
“CONTOS QUE ALIMENTAN”
Divertida tarde a que pasou un grupo de maiores de Moeche, ás portas da biblioteca, cos contos, anécdotas e chascarrillos da vida cotiá típica galega, contados por Cris de Caldas co seu bo facer habitual
Inspirados polo canto da buguina, bebés e nenos pequenos de Moeche, xunto con pais e nais, viaxaron polo mar visitando as illas onde viven caracois, galiñas poñedoras e vacas…, regando a herba e cantando cancións de mares e mareas.
Que mellor estimulación sensorial para os bebés que os xogos ao son da música e os arrolos tradicionais.
De todo isto gozaron os pequerrechiños de Moeche, as súas nais e outros familiares, o sábado, día cinco, na Biblioteca de Moeche, nun obradoiro a cargo de Esperanza Mara, de EmanArte
O pasado venres, tivemos na Biblioteca Municipal de Ares, o contacontos: Onde está o vento?
Un preciosa actividade colorista, dinámica o moi musical que fixo as delicias do noso público.
Con mensaxe optimista e ecolóxica.
Séguenos