“Maxia de aquí e de acolá” na Biblioteca municipal de Ortigueira “Juan Fernández Latorre”
Unha mañá chea de maxia con David Méndez para os usuarios e usuarias da Asociación Pro-Minusválidos do Ortegal (ASPROMOR).
Unha mañá chea de maxia con David Méndez para os usuarios e usuarias da Asociación Pro-Minusválidos do Ortegal (ASPROMOR).
Alba Grande trouxo os seus “Contos arredor da terra” aos usuarios e usuarias do Centro de Atención a Persoas Maiores de Ortigueira resultando unha mañá moi especial.
O pasado martes cantamos e bailamos con Pakolas.
Onte á tarde tivemos a Sara Seijas da Chintofanería na biblioteca realizando unha charla-obradoiro para pais e educadores. Despois dunha introducción ás diferentes tendencias educativas (Montessori, Pickler…) para xerar novos modelos de convivencia no fogar e facer ás crianzas máis competentes, finalizamos coñecendo unha morea de xoguetes realizados con materiais reciclados e aprendimos a facer algúns!!!.
O día 1 de outubro a empresa “Átomos” impartiu un interesante obradoiro de robótica na nosa biblioteca. Os asistentes aprenderon moito e traballaron na confección dun pequeno robot.
Onte o alumnado de 1º curso de primaria achegouse á biblioteca para escoitar a Antía Yáñez, quen a través do seu libro “A Reconquista”, achegou aos existentes á igualdade entre nenos e nenas, especialmente en torno aos seus xogos do patio do colexio. Os asistentes participaron dialogando coa autora e cun xogo de pelota dos que se realizan nos recreos.
Tarde musical co espectáculo “Brinca Vai!” de de Paco Nogueiras. Unha combinación de cancións, animación e interpretación cos ritmos e rexistros máis divertidos.
Onte o alumnado de 6º curso do CEIP “José María Lage” asistiu na biblioteca a actividade “Cociñando en igualdade”. Tras unha reflexión sobre a importancia da igualdade de xénero, prepararon varias receitas de cociña molecular (esferificación de falso caviar, espumas e raviolis de agar agar).
Séguenos