“O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa” na Biblioteca municipal de Ortigueira “Juan Fernández Latorre”
Onte celebramos o Día do Libro coa visita de Teatro Calavera que encheu a biblioteca de historias, cores, cheiros e sabores facéndonos pasar unha tarde moi divertida.
O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa contáronnos as súas aventuras na procura do chocolate e a súa chegada á illa de Santo Tome. Unha vez conseguido, trouxéronnos un pouco para bañar con el unhas deliciosas orugas elaboradas con froitas.
Séguenos