O mércores 6 de agosto Olga Abad Prieto, da compañía Intres, tróuxonos a historia “O sono do rato”. A través dun teatriño de sombras e marionetas contounos diversas aventuras protagonizadas por este pequeno animal.
O mércores 21 de maio, dentro das celebracións das Letras Galegas, Gonçalo Guerreiro, da compañía Elefante Elegante, visitounos co espectáculo “O lobo bobo”. Foi unha estupenda actividade da que os máis pequenos non perderon detalle.
O 25 de abril, dentro das celebracións do Día Mundial do Libro, recibimos a visita de Fátima Fernández que nos trouxo a actividade “Érase unha vez uns zapatos…”. Fátima contounos varias historias e os pequenos divertíronse un montón.
O mércores 14 de agosto recibimos a visita de Raquel Queizás coas súas “Historias da maletra”.
Raquel achegounos diversos contos tradicionais a través de diferentes obxectos que aparecían na súa “maletra”. Resultou unha sesión moi participativa e divertida.
O día 7 de agosto tivemos a sorte de recibir na nosa biblioteca o espectáculo “O aviador” da compañía Elefante Elegante.
O protagonista da actividade, un aviador, coñece a un moucho que ten un problema co sol e pretende axudarlle. O actor foise convertendo en diferentes personaxes e enriquecendo a historia con sombras chinesas, música, bengalas…
Foi a unha sesión moi divertida e o público asistente saíu encantado.
O 21 de xuño acollimos na Biblioteca municipal de Ortigueira o obradoiro “Instantáneas de plastilina” de María Noel Toledo.
Os destinatarios foron os rapaces e rapazas a partir de sete anos. A artista plástica, María Noel, comezou a actividade con diversas explicacións sobre as técnicas para traballar a plastilina: o volume, a busca de novas cores, a unión das pezas… Logo propúxolles que se dividisen en grupos para traballar. Cada grupo escollleu unha temática sobre a que facer as súas instantáneas cos seus decorados e personaxes. As escenas resultantes foron: un acuario, o escenario do Festival de Ortigueira, a celebración dun cumpreanos, un día de praia, un casamento, paseando cun can moi traveso e unha escea medieval.
Entre as actividades programadas para celebrar o Día das Letras Galegas a Biblioteca contou coa visita de Sherezade Bardají. Sherezade explicounos que os irmáns Grimm eran coleccionistas de contos e contounos as súas historias a través de sombras chinesas.
Unha estupenda sesión de contos tradicionais narrados dun xeito especial.
O 23 de abril celebramos O Día Internacional do Libro coa visita de Fátima Fernández.
Fátima amosounos unha morea de libros moi especiais e contounos algunhas de historias plasmadas neles. Foi unha sesión moi divertida na que conseguiu que participásemos todos, grandes e pequenos.
Séguenos