“Maxia de aquí e de acolá” na Biblioteca municipal de Ortigueira
Unha mañá de maxia na biblioteca para os usuarios de ASPROMOR. Divertímonos moito co espectáculo “Maxia de aquí e de acolá” do mago David Méndez López.
Unha mañá de maxia na biblioteca para os usuarios de ASPROMOR. Divertímonos moito co espectáculo “Maxia de aquí e de acolá” do mago David Méndez López.
Esteban, de Tarabelos títeres e contacontos, contounos unha morea de novas fábulas facendo participar aos asistentes cunhas máscaras que os converteron nos protagonistas das historias.
Iniciación ao ioga para bebés de 1 a 3 anos acompañados das súas mamás.
Onte recibimos a visita de Pakolas que coa súa música e as súas historias fíxonos pasar unha mañá moi divertida.
Onte celebramos o “Día da Biblioteca” cos bebés de 0 a 3 anos. Recibimos a visita de A banda de Cornelia que nos trouxo un concerto cheo de música e contos cos que cantamos, bailamos…
As familias pasaron unha tarde moi divertida!!!
O pasado mércores 17 comezamos as celebracións do Día da Biblioteca con Teatro Calavera, que nos trouxo a aloucada historia de amor do cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa. Finalizou a actividade cun obradoiro de decoración de madalenas con pasta de azucre.
Pasamos unha tarde moi divertida!!!
O pasado mércores a compañía Tarabelos visitounos co seu espectáculo “Fábulas”. Foi unha actividade moi divertida e participativa.
O 16 de maio celebramos o Día das Letras Galegas con Fátima Fernández.
Fátima contounos unha chea de historias acompañándoas de diferentes libros pop-up. Entre esas historias destacou a referida a “Minia Senín” personaxe da obra de María Victoria Moreno.
Foi unha sesión moi divertida!!!
O pasado mércores pasamos unha mañá moi divertida co Mago Paco. Así de ben o pasaron os rapaces coa súa maxia e as súas historias.
O pasado venres Fran e Filipa, da compañía Bandullo azul, fixéronnos unha viaxe polos contos tradicionais e o repertorio infantil de Carlos Casares amenizados con música e cancións en directo.
A sesión foi moi participativa e amena e os nenos estiveron encantados.
Séguenos