“As letras que voan con nome de muller”, Trémola na Biblioteca Pública de Coristanco
A Biblioteca Municipal de Coristanco viviu unha mañá chea de emoción, participación e moita maxia coa representación de “As letras que voan con nome de muller”, da man de Paula, de Trémola Teatro.

Co seu enorme entusiasmo, cercanía e unha interpretación brillante e chea de sensibilidade, Paula conseguiu conquistar ao público desde o primeiro momento, facendo rir, participar, reflexionar e emocionarse a persoas de todas as idades. A través da súa extraordinaria capacidade para contar historias, as palabras cobraron vida nunha actividade dinámica, divertida e profundamente inspiradora.
Nunha viaxe entre contos, emocións e memoria, achegámonos á figura de Begoña Caamaño e tamén ás mulleres que, coas súas letras e o seu talento, deixaron unha fonda pegada na nosa cultura e na nosa identidade.
Unha desas actividades que non só se viven… senón que tamén permanecen na memoria. Grazas, Paula, por facernos voar entre historias e por transmitir con tanta paixón o amor pola nosa lingua e cultura galega.




















Séguenos