CONTOS E CANCIÓNS NA BIBLIOTECA DE MEIS

Música e mímica en cantos sinxelos con ritmo. Agradable e coidada sesión de contos.

Música e mímica en cantos sinxelos con ritmo. Agradable e coidada sesión de contos.
A compañía de monicreques Galitoons ofreceunos un entretido e creativo obradoiro de construción de monicreques de calcetín. Nenas e adultos aprenderon xuntos a crear simpáticos títeres partindo de calcetíns, pelotas de ping pong, fieltro, escuma, goma EVA e fíos de la. Despois da confección dos monicreques, Chisco, que dirixiu o obradoiro, ensinoulles a manipular as personaxes que cada participante creou. Incluso, todas xuntas, títeres e “titiriteiras” cantaron unha canción.
Seguro que agora nas casas a creatividade continúa con historias que representarán os monicreques creados na Biblioteca de Carral.

Onte “paseamos con Elas” polas rúas de Compostela, da man de Rosa Leiro que nos fixo unha ruta moi interesante e participativa na que “Elas ” foran as grandes protagonistas, mulleres de moi diversos eidos que traballaron intensamente a favor da defensa da nosa cultura e na loita pola igualdade da muller. Foi unha tarde moi entretida na que non faltou a lectura, os cantos e os novos coñecementos. Desexando repetir máis paseos como estos.

O martes 27 de maio recibimos a María da Pontragha na nosa biblioteca. María contounos historias cotiás de mulleres, que inspiran e provocan tenrura, e algunha lenda dun tempo pasado da nosa terra dun xeito tan divertido que nos fixo rir ás gargalladas. A través destas historias, María amosa a forza, a valentía, a insubmisión, a solidariedade, o apoio… que estas mulleres teceron nunha sociedade tan cativa que as limitaba. E aínda tivo folgos para cantar algunha pequena canción e regueifa que fixo, se cabe, máis amena a narración. Pasámolo xenial, moitas grazas!
O alumnado do CEIP Xosé Luis Taboada e os/as residentes do Centro de Día e Fogar Residencial do Concello de Carballedo para realizaron a actividade conxunta titulada “LETTERING CO CANCIONEIRO GALEGO” a cargo de Velaísca, coa que poideron compartir ideas e recordar cantigas o Cancioneiro Popular Galego.

O pasado martes a rapazada pasou unha hora moi entretida con Montserrat Rivera, que lle contou de forma mui amena de divertida que pezas tiña a roupa dos nosos devanceiros.

Como recordo puideron sacar unha foto para ver que ben lle queda o noso traxe tradiccional.

Na Biblioteca Municipal de Ares, fixemos un obradoiro do maís artístico.
Xuntámonos 18 lectores e dicidimos facer unas bolsas ben xeitosas
para os nosos libros.
Unha actividade moi artística e bonita para os nosos préstamos.
Saimos todos encantados coas nosas bolsas!

O venres tivemos a Dani Blanco coa súa proposta “Murmuraban as miñas veciñas” para público adulto.
Pasamos unha hora moi entretida coas súas historias, o seu humor e bo facer. Historias compartidas e o público respondía ou asentía ó que alí se contaba.
Seguimos a comprobar que ós nosos maiores gústanlle tanto os contos como ós máis cativos.

Este domingo gozamos co espectáculo do Mago Samuel “A maxia das letras” no C.C. Xaime Illa. Un espectáculo divertido e moi participativo.

Na Biblioteca José Saramago de Vite visitounos Lupe Blanco, que ensinou ás usuarias asistentes o “método regueifeiro” para a composición de cantigas de forma improvisada. Ademais de desfrutar das súas propias composicións, as asistentes tiveron ocasión de compoñer as súas propias a través das pautas que Lupe lles aconsellou empregar para chegar sempre a unha estrutura harmónica. Que mellor forma de conmemorar as Letras Galegas que cunha homenaxe coma esta á nosa poesía popular oral!



Séguenos