“A cabaza encantada” na Biblioteca de Portonovo





O mércores 6 de outubro tivemos na Biblioteca de Portonovo unha proposta distinta para tratar a ciencia.
Foi unha actividade moi participativa e divertida, ó tempo que os nenos e nenas aprendían cousas sobre a ciencia.
Co fío conductor da saga de libros de Harry Potter, a actividade desenrolouse con experimentos, trucos, maxia e diversión.
O mércores 9 de setembro tivemos o pracer de escoitar a Sole Felloza coa súa proposta de igualdade.
Desde os seus recordos de infancia ata as aventuras de Iria, o espantallo, a ra…para mostrarnos que todos debemos respetar ós demais e loitar polos nosos sonos.
Foi unha sesión moi divertida e gustou tanto a maiores coma a pequenos. Mantendo as normas de seguridade, debemos seguir a disfrutar dos nosos narradores. Porque tod@s necesitamos contos!
Gracias Sole.
O xoves 24 tivemos en Portonovo para celebrar o Día das Bibliotecas, a proposta de Donde viven los cuentos.
Dúas piratas moi valentes que nos falaron da igualdade de xénero da man do conto de Daniela Pirata. Unha nena que quere ser pirata e que ten que sortear numerosas probas para demostrar a súa valía.
Os nenos e nenas axudaron nas probas, participaron do proceso dunha poción noxenta, a busca dun tesouro seguindo as pistas no mapa… para acabar recibindo as súas cicatrices como meritorios piratas. Máis dun saía contando que eran resultado da loita con tiburóns ou crocodilos!
O xoves 24 de outubro, Antía Yáñez estivo na Biblioteca de Portonovo para compartir con nos a súa proposta feminista.
Unha actividade moi interesante para descubrir ás mulleres que fixeron historia en Galicia e que non son visibles ás veces.
Figuras coma Exeria, a raíña Urraca, Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal, Elisa e Marcela… mulleres que forman parte da nosa identidade e non sempre no lugar que lles correspondería.
O martes 22 de outubro tivemos a Teatro Calavera coa súa proposta máis doce: “Chocolate”
E a verdade e que o pasamos moi ben, desfrutamos tanto maiores coma cativos e cativas.
Descubrimos as aventuras da pasteleira Tomasa para acadar a súa receita máis doce, que coas recomendacións do cociñeiro Antón, logrou unha receita apetecible para todos os participantes!
Coma sempre, un acerto e un pracer!
Grazas Teatro Calavera
O venres 11 de outubro estivo Sole Felloza na Biblioteca de Portonovo coa súa proposta de Igualdade.
Tanto peques coma maiores pasámolo de marabilla coas historias de Bolboretas. E aínda que Sole rematara, alí ninguén se moveu do sitio agardando por máis 😍
Unha tarde moi divertida e sen esquecer o tema da Igualdade.
Moitas grazas Sole!!! E ata a próxima 😉
O mércores 9 de outubro tivemos a Charo Pita coa súa proposta para bebés.
Foi un rato moi ameno e divertido, xa que os bebés desfrutaron tanto coma as nais, avóas e pais.
Coa familia Papaventos coñecemos a moitos animais, cantamos cancións, bailamos e rimos.
Moitas grazas a Charo Pita pola súa visita!
O luns 7 de outubro, Pedro Brandariz achegouse á Biblioteca de Portonovo para compartir con nós a súa proposta de Igualdade.
Tanto os maiores coma os cativos estiveron atentos, entretenidos, e bastante participativos tamén.
Temos que rachar cos estereotipos, e Pedro Brandariz puxo enriba da mesa o uso da cor rosa nas nenas e o seu rexeito por parte dos nenos: todos somos libres para poñer as cores que nos fagan sentir ben!
Séguenos