BIBLIOCANTA !!!
Os máis pequenos da casa pasaron a tarde bailando e cantando na Biblioteca de Carral.
Patricia de Eduvía compartiu con nós versos e cancións.
Pasámolo xenial grandes e pequenos!!!!
Os máis pequenos da casa pasaron a tarde bailando e cantando na Biblioteca de Carral.
Patricia de Eduvía compartiu con nós versos e cancións.
Pasámolo xenial grandes e pequenos!!!!
Na tarde de onte, os mais pequenos da biblio estiveron moi atentos ó que lles contaba
Vanesa do Trinketrinke. Contos sobre paxariños!
Marabillosa sesión!! Quedamos encantados!
Estamos a celebrar o día do libro, e nesta ocasión visitounos Trémola Teatro con “Leo e as Cores”.
Foi unha función adicada ós mais pequenos da casa que gozaron ata o final cos contos e coa música. Un dez!
Onte, na Biblioteca de Carral, acompañáranos os máis pequenos da casa.
Pais e nais seguiron atentamente as indicacións de Patricia de Eduvía que os ensinou como contar un conto cos cinco sentidos.
Foi unha tarde especial!!!
O pasado xoves, Bea e Manuel de Migallas estiveron na Biblioteca de Carral cos máis pequenos da casa.
Cantaron, contaron e entusiasmaron ós pequenos espectadores que nos acompañaban.
Non foi doado mantelos sentados!! A sesión rematou cun baile e pedindo…. OUTRA OUTRA! Un dez para Migallas, como sempre…
Cunha función adicada a nenos e nenas de 0 a 3 anos, Pablo Díaz acompañounos con contos e música.
Lúa, lúa , lúa..
todos atentos ós contos ata que chegou a música e tocou bailar ó son da guitarrra. Un dez para Pablo !!!!
A ratiña Carolina falounos de moitos tipos de familias e xogamos ás adiviñas. Encantounos!!!!!
De novo, tivemos con nós a Migallas con Bea Campos e nesta ocasión trouxo con ela a Tres Porquiños moi moi chulos.
O público, pais e bebés , estivo moi atento durante toda a sesión e gozou dende o comezo, da música e os contos.
Migallas é sempre ben recibido.
Un dez.
A compañía teatral Elefante Elegante trouxo a Carral a fermosa función de O Xigante, un contacontos que fala de partillar nuns tempos onde a pandemia non nos deixa facelo. Con este espectáculo rematamos na nosa biblioteca a programación 2020 de Ler Conta Moito, na que puidemos gozar da presenza e actividades de María Canosa, Andrea Barreira, o contacontos sensorial de Eduvía e o de Elefante Elegante de onte. As actuais circunstancias non posibilitaron os niveis de afluencia desexados, mais estamos seguros de que axiña poderemos volver encher a nosa biblioteca para desfrutar deste tipo de actividades.
Andrea Barreira tróuxonos a Carral un conxunto de elementos, ferramentas e ideas coas que adquirir destrezas para crear as nosas propias narracións. Os rapaces asistentes desfrutaron das técnicas que lles trasnmitiu Andrea e foron creando historias coas que construíron un fancine. Foi unha mañá divertida e creativa.
Séguenos