Aprendendo de banda deseñada con Xosé Tomás en Carral
Dentro da programación de Ler Conta Moito na Biblioteca Municipal de Carral tivemos ocasión de gozar do bo facer do debuxante Xosé Tomás. Un numeroso grupo de rapazas e rapaces tiveron ocasión de coñecer e practicar algúns dos principais conceptos e técnicas da banda deseñada. Quedamos con gañas de seguir aprendendo máis sobre o mundo das viñetas. Haberá que repetir.
Séguenos