María Canosa e Eduvía viñeron a Carral con versos e contos para bebés
A escritora María Canosa visitou a Biblioteca de Carral para quitarnos os medos co seu recital Versos para perder medos. Falounos de monstruos, da escuridade, dos cans… E fíxonos pasar un bo tempo mentres que iamos deixando atrás os nosos medos.
E despois veu Patricia, de Eduvía, cargada de contiños e estímulos para que os bebés, nais e pais que nos acompañaron, descubriran un modo especial de estimular os nosos sentidos. Pasáronno tan ben, que case non os damos botado da biblioteca!
Xa estamos agardando por Andrea Barreira para aprender a escribir as nosas propias historias e ao Xigante de Elefante Elegante.