Obradoiro de Lettering na BPM de Viveiro
Dentro da programación do día das Letras Galegas, o pasado venres 15 de maio a biblioteca de Viveiro acolleu o obradoiro “Debuxar Letras” con Alba Farto. Os participantes aprenderon as técnicas básicas para iniciarse na arte do lettering, tamén coñecida como rotulación, que consiste en debuxar as letras utilizando diversas tintas, cores con pinceis e rotuladores. A actividade contou con gran aceptación entre o público infantil que disfrutou moito aprendendo e creando as súas propias obras.








