TARDES DE CONTOS E LENDAS NA BIBLIOTECA DE ORDES
O venres 21 de outubro o grupo “Duende Sico” representou “Elba e Marcos e os xoguetes encantados”. Un éxito!
O venres 21 de outubro o grupo “Duende Sico” representou “Elba e Marcos e os xoguetes encantados”. Un éxito!
O día 24 de outubro celebramos en Lalín o Día das Bibliotecas co espectáculo Extra! de Paco Nogueiras. Desfrutamos moito cantando e bailando con Paco, tanto a cativada coma os adultos!!
Outubro, Mes das Bibliotecas
Hoxe estivo Tarabelos na Biblioteca de Portonovo coa súa proposta “O traxe novo do rei”, que aínda a ser un conto ben coñecido non deixou de sorprender ca súa particular versión cuns títeres fantásticos.
o traxe novo do rei
Tanto os nenos e nenas coma os maiores disfrutaron e pasaron un bo rato, participando da actividade, rindo, aplaudindo e cuestionando ó propio conto, tanto que ás veces os pais e nais rían coas ocurrencias dos pequenos.
Ó rematar a sesión xa houbo quen se levou o conto en préstamo para ler na súa casa…eso é o que máis nos gusta ós bibliotecarios!!!
Moitas grazas a Tarabelos por esta magnífica sesión!
E ata a próxima 😉
Para celebrar este ano o Día das Bibliotecas 824 de Outubro), convidamos ao alumnado do CEIP Praia de Quenxe ata a Casa da Cultura de Biblioteca Municipal para realizar un Obradoiro de Ilustración.
Os rapaces e rapazas aprenderon técnicas para deseñar cómics, visitaron a Biblioteca e amosámoslles a sección de Cómics e Banda deseñada, os cales que poden levar en préstamo para casa co seu carnet de soci@.
Unha mañá moi entretida e amena !
Mércores 19 de Outubro, ás 11:30h.
Na tarde do xoves 20 de outubro, Pablo Díaz visitou a Biblioteca Municipal Os Templarios (O Temple-Cambre) para ofrecer unha deliciosa sesión de contos, coa música como fío condutor. ‘Cantacontos para bebés’ serviu de estímulo para os máis cativos, tratando temas e rutinas adaptadas e propiciando un estupendo ambiente familiar na biblioteca de O Temple.
A Biblioteca Central de Cambre acolleu onte, mércores 19 de outubro, unha divertida sesión de maxia para todos os públicos, a cargo do Mago Teto. Co obxectivo de espertar o interese pola arte da maxia, o espectáculo ‘4500 Anos da incrible historia da maxia (Parte 1 e 2)‘ repasou as fantásticas e sorprendentes historias do xénero, acompañadas coa realización de xogos de magos doutros tempos e a explicación dalgúns dos mellores trucos de maxia da historia. De xeito complementario, a biblioteca realiza estes días unha exposición dos seus fondos bibliográficos sobre o asunto.
Marabilloso evento no Valadouro, Estrelas no bico, na fronte un cantar, conducido pola polifacética artista Estibaliz Espinosa e acompañada ao piano por Juanma Varela. Estibaliz fixo divulgación científica, contestando as inquedanzas do homo sapiens sobre a súa esencia e sobre o espazo que nos rodea máis alén: Galaxias, constelacións, exoplanetas e estrelas de reminiscencias rosalianas… A ciencia inspira a curiosidade e a literatura de Estibaliz que é beleza reflectida na materia escura que debemos descubrir e alentar. A música encadea este revelador Ler conta Moito cunha voz fascinante, inmensa, cósmica como dixo unha espectadora atenta. Foi un pracer asistirmos a esta divulgación literaria tan necesaria e fermosa.
Outubro, Mes das Bibliotecas!!!
O venres 14 de outubro tivemos unha sesión especial na Biblioteca de Portonovo.
Especial porque era a primeira vez que facíamos unha actividade exclusivamente para adultos e non sabíamos o que ía resultar.
Ángeles Goás meteuse ó público asistente no bolsillo coa súa primeira historia e logo xa non foron quén de parar de rir e comentar as situacións que ela presentaba.
Durante unha hora as persoas alí presentes escoitaron historias que os facían voltar a infancia ou recordar feitos parecidos.
E o público asistente era moi variado en idade, desde as máis xóvenes ata os 90 anos da persoa de máis idade.
Moitas grazas a Ángeles Goás por facernos pasar unha noite divertida e sen medo 😉
Outubro, Mes das Bibliotecas!!!
Este xoves, 29 de setembro, a Biblioteca Municipal Os templarios de Cambre acolleu ‘Que animaliño é?’, un divertido espectáculo de Trémola Teatro. Os bebés e as súas familias puideron gozar dunha sesión que mesturou teatro, música, danza e mesmo burbullas, creando un fermoso espectáculo sensorial que estimulou os sentidos de todas as persoas participantes.
Séguenos