Caxoto na Biblioteca Municipal Isidro Novo
Caxoto chegou cargado cos seus instrumentos de traballo disposto a contar ao público asistente unha chea de contos para concienciarnos da importancia de coidar o medio.
Caxoto chegou cargado cos seus instrumentos de traballo disposto a contar ao público asistente unha chea de contos para concienciarnos da importancia de coidar o medio.
Co gallo do Día das Letras Galegas, adicado este ano á figura de Florencio Delgado Gurriarán, tivemos na Fonsagrada o espectáculo “Vendimando versos” de Sole Felloza. Esta representación de versos e crónicas xira ao redor da obra e vida deste escritor valdeorrés. Embarcamonos nunha viaxe dende o Barco de Valdeorras ata México. Coñecemos unha historia de amor pola terra, a lingua e os costumes e tradicións da súa xente.
Espectáculo con música, narración oral e monicreques sobre a amizade e a concienciación ambiental.
O xoves, 5 de maio, recibimos a visita de Polo Correo do Vento. Con eles mergullámonos na vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán, de xeito educativo e moi divertido. Mesturando a narración oral, na que destacaba o recurso ao humor e a procura da participación dos/das cativos/as, coa elaboración dunha caricatura do homenaxeado polo Día das Letras Galegas 2022, que os/as participantes aprenderon a realizar seguindo as recomendacións que lles ían dando. Unha tarde moi entretida.
O pasado venres 22 de outubro celebramos o Día da Biblioteca co obradoiro do Faiado de Nin: A arte de ler: deseño de bolsas e mochilas para grandes lectores/as.
Nesta actividade, o publico asistente personalizaron bolsas e mochilas de tea con deseños relacionados coa lectura, empleando diversos materiais como retais, abalorios, etc. dando renda solta a súa imaxinación.
O obradoiro foi moi entretido para as nenas e nenos que participaron.
O venres 22 de outubro tivemos a última sesión na biblioteca , está vez un taller de robótica moi divertido e participativo.
Celtia Figueiras, de A Xanela do Maxín contounos a historia de Lúa, unha gatiña que non come ratos. O seu desexo é viaxar polo mundo e ir á universidade. A súa aboa e o seu amigo gato queren que quede na casa, pero ela non se resigna…
Unha historia na que os valores de igualdade están presentes e que encantou a nenos e nenas.
Partindo de coñecidas películas e series baseadas en libros, os e as participantes, alumnos e alumnas de 1º de ESO, do IES. POETA DIAZ CASTRO, aprenderon da man de Ainhoa, de Crearte Servizos Culturais, as claves para contar unha historia con perspectiva de xénero, reescribiron escenas e convertiranse en actores e actrices de dobraxe que deron voz, a súa voz, a eses personaxes que visualizaron despois na súa nova versión. Unha creativa proposta para fans do audiovisual que fomenta a igualdade.
A Biblioteca da Laracha acolleu a Trinke Trinke cos ratos de Lonxedetodo.
Séguenos