Os bebés de Carral gozaron dos contos de Charo Pita
Unha vez máis Charo Pita pasou pola Biblioteca Infantil de Carral para ofrecer unha fermosa e agarimosa sesión de contos para bebés.
É unha delicia ver as reaccións dos máis pequenos nunha sesión coa que pretendemos provocar o amor polos libros.




