Un Xigante pasou por Carral
A compañía teatral Elefante Elegante trouxo a Carral a fermosa función de O Xigante, un contacontos que fala de partillar nuns tempos onde a pandemia non nos deixa facelo. Con este espectáculo rematamos na nosa biblioteca a programación 2020 de Ler Conta Moito, na que puidemos gozar da presenza e actividades de María Canosa, Andrea Barreira, o contacontos sensorial de Eduvía e o de Elefante Elegante de onte. As actuais circunstancias non posibilitaron os niveis de afluencia desexados, mais estamos seguros de que axiña poderemos volver encher a nosa biblioteca para desfrutar deste tipo de actividades.