Florencio Delgado Gurriarán na biblioteca de Ares.
Espectáculo variado, onde pintamos, cantamos e falamos da vida de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado
no Dia das Letras Galegas 2022.
Espectáculo variado, onde pintamos, cantamos e falamos da vida de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado
no Dia das Letras Galegas 2022.
Onte, pasamos unha tardiña ben divertida con contos de Lúa.
Lúa tiña problemas……
Pero todo se resolve pronto, coa axuda dos nosos pequenos.
Un contacontos moi divertido e aconsellable para publico familiar.
Qué animaliño é?
Un espectáculo que fala de animais e natureza…
Que enreda a os nenxs nun mundo de ilusión, fantasía e vida.
Un espectáculo cheo de color e alegria.
A xirafa Marcelina, estivo a pasada semana, na Biblioteca Municipal de Ares.
Fixo, as delicias, de todos os nosos pequenxs cociñeirxs……..
Foi unha xornada preciosa, chea de contos , cociña e cor.
O pasado venres, tivemos na nosa biblioteca a Carla, contando contos de piratas….
Contounos as historias de Daniela, un rapaza que quería ser pirata dun barco.
Fíxonos todo tipo de xogos.
Unha actividade ven divertida!
Un grupo de avoas chegaron á biblioteca de Ares,
e estiveron contando cousas de avoas moi divertidas……
Cantamos e bailamos tod@s xunt@s
A bruxa Maruxa, ten un problema…….
Non quere ser bruxa!
E veu á biblioteca de Ares, para cantar e contar o que lle pasaba.
Na xornada de onte, tivemos a Sara, na biblioteca insinando a os pais/ nais, moitas ideas de xogos e xoguetes,
para facer cos seus pequenos.
Foi un obradoiro, moi interesante e aconsellable.
Onte, estivo Antia facendo ” cousiñas”, moi interesantes con distintos materiais do día a día.
Non sabemos moi ben, se era física, química ou maxia……
Pero os nosos/as participantes gozaron e aprenderon moito de cada
un dos experimentos que fixemos na nosa biblioteca.
Así, da gusto aprender cousas!
O pasado venres, 23 de outubro, tivemos na nosa biblioteca
un obradoiro para descubrir os nosos ” superpoderes”.
Os nosos participantes descubriron que tiñan, moitos superpoderes agochados,
e que non sabían que os podían utilizar…….
Fixeron grandes descubrimentos!
Séguenos