Un encontro có PRINCIPIÑO na Bibliotea de Meis
Boa selección de fragmentos do libro “O Principiño” coa música de dous clarinetes en directo que acentúan as emocións. Sesión moi potente.

Boa selección de fragmentos do libro “O Principiño” coa música de dous clarinetes en directo que acentúan as emocións. Sesión moi potente.

A lúa como protagonista nunha sesión divertida e participativa. Imaxinación en todo o relato.

Máxica, sensible, participativa e moi ben traballada esta sesión de Lore Lavand na que a vida transcorre diante de nos sin deixar a ninguén indiferente. 

Interesante sesión na que Avelino presenta os diferentes tipos de paxaros segundo as plumas, a feitura e os trinos, enlazado con contos e cancións. Moi pedagóxico e entretido.

Música e mímica en cantos sinxelos con ritmo. Agradable e coidada sesión de contos.
En conmemoración ao Día Mundial do Medioambiente, para sensibilizar á sociedade sobre a importancia de garantir unha protección duradeira do planeta e dos seus recursos naturais, onte á tardiña, dende a Biblioteca Pública de Meis , puxemos de manifesto esta data coa actividade “Contos ANIMADOS ” da man do grupo Os Carballiños. Un espectáculo de animación á lectura, con historias, contos, maxia e personaxes fantásticos, no que coa interacción e participación do público asistente, puidemos adentrarnos no mundo máxico dos seres fantásticos que habitaban nunha maleta viaxeira, tales como: unha ra, un coello, un ratiño, un grilo, un can e moitos máis animais dos que debemos mimar e coidar día tras día para preservar o encanto que nos regala a nai natureza.


En Meis celebramos o Día do Libro coñecendo o que en realidade acontenceu na vila de Hamelín da man de Moc Moc Mere Clow.
Un espectáculo moi intrigante e animado, e con moi boa interacción e participación por parte do público. Unha tarde de moita risa.




Unha divertida granxa cun galo en apuros. Rimas e cancións no relato.

Relatos sobre a diversidade na vida cotiá. Estimulantes historias maxistralmente narradas.



Séguenos