Unha viaxe polo medio do cosmos para celebrar o Día das Bibliotecas na Biblioteca de Meis
Pepablo Patiño convidounos a realizar unha viaxe polo medio do cosmos cos personaxes como ‘O saltón astronauta’ que cautivou aos asistentes polas súas dimensións. Camiñamos entre as estrelas dun xeito ilustrado para ver a formación destas, dos planetas, dos astros, … unha actividade distendida que puxo o seu broche para esta edición coa representación das perseidas ou choiva de estrelas
Gargalladas, sorrisos, aplausos, e un bo clima dotado dunha gran participación foron os eixes principais deste contacontos na nosa Biblioteca para celebrar o Día das Bibliotecas.









En conmemoración ao DÍA DO LIBRO celebrado este domingo 23 de abril, onte luns pola tarde coa comunidade escolar de secundaria do CPI Mosteiro, descubrimos que un libro amais de ser lido, donde nos contan historias e transmiten ideas e coñecemento; tamén podemos escoitalo a través dunha lectura musical interpretada. E así foi cun formato de charla-concerto como, SIRGO TORCENDO nos deixou introducir nese universo oculto que agochan as obras, interpretado con instrumentos como portativo, laúde, cítola, frauta, guitarra, arpa e unha espectacular voz, facendo protagonistas obras que forman parte do fondo da nosa biblioteca e en especial á literatura galega.








Séguenos